Onte vin no telexornal (non lembro en que canle) as ameazas que un cativo de 13-16? anos profería contra un profesor de secundaria, comentando como lle dera unha patada nunha perna (o aluno ó mestre) e así... Había outro que rompera unha man baténdolle a outro mestre (ou igual era o mesmo) e dicía: "Es que yo le dí flojo, me rompí la mano, pero le dí flojo"...
Claro, o profesor, de baixa... (E se fora eu apuntándome en clases de artes marciales, polo que poida pasar)...
Dende aquí facer un chamamento ó reitor da universidade para que se potencien asignaturas de Artes marciais, armas de fogo e demáis... así como regalo de escopetas e cananas de balas co título...
-Para onde vas, Manolo?-
-Vou para clase de Bushido, que teño que presentar un traballo sobre a loita con Daisho (parella de espadas xaponesas) e logo teño práctica do estilo da Serpe e a Grulla de Shaolín.
-Ten coidado co de Daisho, que botóu 3 anos en secundaria e sufre estrés de combate... Cada vez que escoita un berro, crúzaselle o cable e ataca o primeiro que se lle pon endiante.
-Mimá... Pois vou rápido, non sexa que se pique.
-Vale, vémonos logo en Didáctica Xeral!-
-Guai... ate logo!
-Agur.
Extraído dun centro de Maxisterio Calquera
Estámosche bos, cando os paxaros se revolven ás escopetas...